martes, 15 de mayo de 2012

Crónica Rallye Comarca da Ulloa

O pasado fin de semana disputouse a terceira proba puntuabel para o Campeonato Galego de Rallyes de Asfalto. O Rallye Comarca de Ulloa caracterizouse este ano pola dureza dos seus tramos, rotos e con moitas suciedades o que complicou o bó facer de moitos dos equipos participantes.

A Escudería Lago Competición contou coa representacíon de tres dos seus equipos, dos cales só un consigueu chegar ó parque pechado final.

  • Copa Top Ten Driver Pirelli

A sorte non estivo de cara para o equipo formado por Manuel Díaz e Kristel testa, os cales se viron obligados a abandonar por causa de problemas mecánicos no seu vehículo.


Unha mágoa xa que de seguro loitarían pola victoria dentro das dúas rodas motrices.

A próxima proba é o rallye da casa, o cal e sempre un punto a favor e no que seguro veremos a este xove equipo rodando entre os máis rápidos.
  • Volante Racc

Chespi Pena e Sergio Díaz realizaron un rallye de menos a mais.
No tramo espectáculo do venres a noite acadaron unha moi boa posición (3º dentro do Volante Racc) mais na mañá do sábado os resultados empeoraron a causa dalgúns problemas mecánicos no seu vehículo.
Na tarde,este punteiro equipo decideu sair a atacar para acadar o final da proba a cuarta posición final dentro da súa copa.


Este bó resultado permite que o equipo naronés chegue a proba da casa no terceiro caixón do podio da copa. 

Así vai por ahora clasificación provisional:

Oviedo - Barreiro: 494 puntos

Iglesias - Iglesias: 415 puntos

Pena - Díaz: 320 puntos

Silva - Grande: 286 puntos

Ojea - Vieitez: 245 puntos


  • Copa Yokohama
Por desgraza aos irmáns Gandoy tampouco lles acompañou a sorte. Unha rotura de palier deixábaos fora de carreira na mañá do sábada cando rodaban segundos dentro da clasificación xeral da súa copa.


Isto failles perder o liderato provisional da copa, xa que de rematar entre os catro primeiros, chegarían líderes a proba da casa (Narón).











No hay comentarios:

Publicar un comentario