miércoles, 9 de mayo de 2012

V Rallye Comarca da Ulloa


O próximo fin de semana terá lugar a terceira proba puntuabel para o Campionato Galego de Rallyes de Asfalto. Na súa quinta edición, o Rallye Comarca da Ulloa chega cargado de bos pilotos que de seguro nos farán desfrutar.


A proba repite o formato de probas coma o Rallye do Cocido. Constará dun treito espectáculo, que terá lugar a noite do venres no polígono de Monterroso e de catro treitos cronometrados que se disputarán na especial do sábado: A Peneda, Palas de Rei, Monterroso e Lalín.


Escudería Lago Competición contará coa representación de tres dos seus equipos nesta proba; cada un deles dentro de tres das copas de promoción coas que consta o Campeonato Galego na presente tempada.

  • Copa Top Ten Driver Pirelli:
Dentro de modalidade de dúas rodas motrices, Manuel Díaz e Kristel Testa demostraron xa no Rallye de Lalín que son un moi bo equipo a ter enconta por calquera dos seus adversarios, proba disto son os magníficos cronos marcados por esta nova parella.


Manuel e Kristel enfrontan a proba con ilusión e co obxectivo colocado en acadar a mellor posición posibel dentro da súa categoría; e se é posibel, dentro da clasificación xeral da copa e tamén do Rallye.


  • Volante Racc:
Chespi Pena e Sergio Díaz afrontan esta proba có obxectivo de continuar rodando o seu vehículo, logrando esa plena adaptación que pouco a pouco van conseguindo. Loitarán por acadar a mellor posición posibel dentro do Volante Racc, xa que según palabras de Sergio Díaz : "é un rallye moi difícil debido a dureza dos seus treitos". 



  • Copa Yokohama:
Os irmáns Gandoy chegan á Ulloa no segundo caixón provisional do podio da Copa Yokohama. Sen dúbida tras a mágnifica tempada que están  a realizar, nesta proba loitarán por facerse co liderato da proba pois rematando entre os catro primeiros clasificados chegarían a Narón (a proba da casa)como líderes provisionais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario