Despois da celebración do treito espectáculo na tarde-noite do viernes, presentábase ainda por diante un rallye moi longo, marcado por unha climatoloxía pouco favorable.
Como de costume, Lalín caracterizaríase nesta súa décimo oitaba edición polo gran número de abandonos e saídas de pista que deixanban fora de carreira xa no primeiro tramo algúns dos equipos punteiros que de seguro pelexarían pola victoria final da proba.
- Copa Top Ten Driver Pirelli
O equipo que representaba a Lago Competición dentro da Copa Top Ten Driver Pirelli, formado por Manuel Díaz e Kristel Testa levou a cabo un rallye excelente.
Como ben dixemos na anterior crónica "seguro que será un equipo que dará maís de unha sorpresa", e así foi. Rodando dende primeira hora da mañá a un bo ritmo, Manuel e Kristel chegaban á asistencia do medio día con un notorio décimo posto da clasificación xeral do rallye, chegando a rodar séptimos por momentos.
Unha pequena saída de pista fixo que o novo equipo baixase o ritmo en carreira o longo da tarde, o que fixo que rematasen finalmente décimo terceiros dentro da clasificación xeral absoluta e cuatros de dúas rodas motrices.
No hay comentarios:
Publicar un comentario