martes, 13 de marzo de 2012

XVIII Rallye do Cocido

Tan só quedan tres días para volver a sentir o ruxir dos motores, pois este próximo fin de semana terá lugar a décimo oitava edición do Rallye do Cocido que un ano mais volta para deleite de todos os afeccionados o mundo do motor.




A proba organizada pola  Escudería Lalín-Deza contará con seis treitos cronometrados e manterá o mesmo formato que a edición anterior, desputándose un treito espectáculo na tarde-noite do venres polos rúas do pobo,   para continuar con cinco treitos cronometrados na especial do sábado.



Lago Competición contará coa representación de tres dos seus equipos, tomando saída dentro de tres das copas de promoción promovidas pola Federación Galega de Automovilismo.



  • Copa Top Ten Driver Pirelli
Manuel Díaz e Kristel Testa comezan a temporada con ilusión e ganas de continuar aprendendo. Despois de participar en probas esporádicas  o longo da tempada pasada onde se adaptaron de forma notoria o seu vehículo este ano dan o salto a Copa Top Ten Pirelli 2 RM.


O obxectivo para esta primeira proba e o de rodar e ir aumentando progresivamente o ritmo en carreira co seu vehículo,  logrando situarse na medida do posible nos postos de cabeza da 2 RM.



  • Volante Racc
Un novo equipo de Lago Competición nesta copa, que tras unha boa tempada o pasado ano na Copa Kumho deciden participar este ano no Volante Racc Galicia. 



Chespi Pena e Sergio Díaz tomarán saída a mandos do seu 206 tendo como obxectivo estar nos postos de cabeza desta copa de promoción na que seguro este ano dará moito que falar.

  • Copa Yokohama
Outro equipo representante de Lago Competición estará presente na Copa Yokohama. 
Os irmáns Gandoy a bordo do seu Citroën AX que tras o seu debut máis que satisfactorio na pasada tempada onde conseguiron unha victoria nesta copa, intentarán este ano estar nos postos de cabeza.













No hay comentarios:

Publicar un comentario